martes, 21 de decembro de 2021

Mais un ano... Velaiquí chega o Apalpador!!!

E un ano máis, chegou a Pazos o Apalpador grazas á Fundaçom Artábria, e falounos do Courel, da flora e da fauna da Galiza e da importancia de preservar o medio ambiente. Falounos do problema que temos coas velutinas e da importancia das abellas como axente polinizador e cómo estamos a quedar sen elas por mor das velutinas. Vaia, parece que o Apalpador tamén sabe cousas dos ODS, pois estanos adiantando cousiñas sobre o ODS 12: PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLE e do ODS 15: VIDA DOS ECOSISTEMAS TERRESTRES. Todo un visionario, este Apalpador!

Como sempre, trouxo froitos do outono da súa horta para compartilos con nós: mazás, kiwis e mandarinas... ricas e saudables.  E xa nos dixo, que as castañas só as deixa nas mesas de noite dos nenos e nenas que teñen ben chea a barriga, na noite de Nadal.

Falounos da importancia de alimentarnos ben e de facer exercicio e ata nos fixo unha demostración de que, a pesar dos anos e da barriguiña que ten, aínda está en plena forma. Completou a nosa xincana sen dificultade! 

E outra vez volvemos ter aos ODS dando voltas por aquí. De cal estamos a falar agora? Efectivamente: ODS 3: SAÚDE E BENESTAR.


Velaiquí vos deixamos un pequeno vídeo do encontro co Apalpador, e como sempre, se queredes ver máis fotos, premede en calquera das imaxes desta entrada para acceder ao album completo.


Que viva o Apalpador!!!




Ningún comentario: