Comezamos con moita ilusión o proxecto de Lectura e familias, abrindo a nosa Biblioteca ás familias en horario de tarde con actividades orientadas á formación de usuarios e á participación en diversas experiencias de lectura e no eido da alfabetización informacional e mediática.
Aquí tedes o calendario do mes de febreiro. É importante respectar as quendas asignadas para cumprir o protocolo COVID e non misturar os grupos de convivencia.
(Se premes na imaxe, podes vela ampliada)
Buscamos que a Biblioteca Xoán Farias chegue a convertirse nunha biblioteca de proximidade para a nosa comunidade e que serva de punto de enlace aos recursos dos que dispón, atendendo ás necesidades e intereses dos seus usuarios.
Pretendemos tamén a participación activa das familias, a través de obradoiros cos que compartir o tempo de lecer cos fillos e fillas en torno ás lecturas e comprometéndose coa súa formación para chegar a ser cidadáns activos e participativos na sociedade na que viven.
Agardámosvos!!!
Conto contigo! - EsPAZOS para a lectura en familia
Ningún comentario:
Publicar un comentario