martes, 1 de febreiro de 2022

Chega unha nova misión! ODS12: Produción e consumo responsable.

Comeza o mes de febreiro e con el unha nova misión no noso PDI "esPazODSparaaconcienciACCIÓN". Desta volta tócalle ao 
ODS 12: PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLE.

Como sempre, a carta de Chispa ven acompañada dun montón de ideas para entrar en acción e formar parte do cambio: Reducir, reutilizar e reciclar, poñer en funcionamento a horta para o cultivo dos propios alimentos, facer un uso consciente e responsable dos recursos que dispoñemos... Sumámonos?


 Pequenos xestos poden contribuir a facer un mundo mellor.

#esPazODSparaaconcienciACCIÓN

Ningún comentario: