mércores, 16 de febreiro de 2022

E comezamos co Lectura e familias para lectores autónomos e expertos!

Comezamos co programa de "Lectura e familias" para as familias con lectores que xa son autónomos e ou expertos, cun obradoiro baseado nas lendas galegas e os seres mitolóxicos que nelas habitan, facendo un percorrido pola nosa tradición oral que nos achega á historia da Galicia imaxinaria, nun ano no que a Biblioteca Escolar ten a palabra.


Gozamos escoitando lendas ao carón da cheminea, contadas, lidas e recitadas... por unha meiga!!!



Xogamos coa baralla de cartas do Gatipedro, de Brazolinda, para afondar nos seres máxicos da mitoloxía galega...



Creamos o noso propio Libro Oscuro dos seres máxicos das lendas Galegas...



E recreamos a través dos pinceis lendas da nosa comarca... A pena Molexa, a lenda de Santa Comba, a lenda do peirao de Curuxeiras... e moitas outras!





Menudos artistas que temos neste cole!!! Así da gusto. Marabilla!

E grazas a Sara Fonterosa de Mirada de Madrina e nai de Leo polas fotos. 

Os maiores tamén tiveron a súa sesión coa que puideron gozar destas mesmas propostas: as lendas, o xogo do Gatipedro, o Libro Escuro dos seres mitolóxicos e as recreacións das Lendas. Un máxico obradoiro para rememorar as historias coas que ensinaban e entretíñanse os nosos devanceiros.



Ningún comentario: