xoves, 17 de febreiro de 2022

E máis Lectura e familias! ALFIN/AMI a través da robótica

Hoxe foi a quenda d@s rebuldeir@s. Tiveron un obradoiro de alfabetización informacional e de medios a través das múltiples aplicacións didácticas que nos ofrece a robótica. E por suposto... libros, libros e máis libros! 


E que a nosa biblioteca é unha biblioteca creativa, un verdadeiro fervedoiro de propostas de aprendizaxe diversas que non poden deixar de lado a alfabetización informacional e mediática.

A verdade é que foi unha gozada velos en acción, nais e fillos e fillas facendo máis que equipos, EQUIPAZOS!!! Trastearon todo o que quixeron cos robots poñendo a proba as súas habilidades e a súa capacidade para resolver múltiples tarefas e solventar os problemas que foron xurdindo.











Por moitas tardes máis así! Nas que aprendemos todas: nais, crianzas e por suposto, mestras.

Ningún comentario: