xoves, 17 de febreiro de 2022

Os mandadODS do Meco #ODS

Este ano o Meco ven disposto a nos tolear. 

Xa sabedes que o Entroido é un tempo do ano para brincar; Un tempo de grandes festas de máscaras e saborosas comidas. No Entroido perde a súa vixencia os valores e normas do resto do ano e todo está permitido, tentando ridiculizar todo o considerado serio o resto do ano.

Por iso este ano ven o Meco a facer das súas cos seus disparatados mandados, e este ano, como non podía ser doutra forma, tiñan que estar relacionados cos ODS. 

Seremos capaces de deixar voar a nosa imaxinación e rachar co convencional? O importante non é o disfraz, senón a actitude e facer cousas disparatadas; é unha maneira de ceibar fora as frustracións de todo o ano. Nestas festas desaparecen as categorías sociais, todos somos iguais, todos somos máscaras. 

Así que gozade artellando todos estes complementos que ben poden servir (ou non) para darlle forma ao disfraz que luciremos ao final de semana, recordando que debemos de facelo dun xeito responsable con respecto ao consumo e ecosustentable (refugallo) co noso planeta.

Non se trata de comerse 20 iogures para facer unha perruca, senon de aproveitar algo que non tiña moita utilidade, ou que xa tivéramos na casa para darlle outro uso incorporándoo ao noso disfraz. Como sabemos que este ano é un pouco máis difícil que outros, por aquí vos deixamos algunhas ideas:

Para o ODS 3: SAÚDE E BENESTAR


Para o ODS 10: REDUCCIÓN DAS DESIGUALDADES


Para o ODS 2: FAME CERO




Para o ODS 4: EDUCACIÓN DE CALIDADE




E para o ODS 12: PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLES

Lembrade as 3R´s: REDUCE, REUSA, RECICLA










Recordarvos que o entroido é unha festa para disfrutar e que mellor forma que facer algunha manualidade en familia para logralo. Aprendamos a facer un uso responsable dos recursos, tiremos de imaxinación e creemos entre todos un mundo mellor, moito máis sostible.

#esPazODSparaaconcienciACCIÓN

 

Ningún comentario: