martes, 29 de marzo de 2022

E veu Paula Caraballeira a contar para nós, no Lectura e familias

E falou, falou e falou... e contou, contou e contou... e nós, ademais de pasalo ben, aprendimos un montón de recursos para contar historias cada vez mellor.

Foi unha delicia escoitala e pasaríamos a tarde fiando historias unha tras outra. Houbo contos de medo, contos de animais, contos encadeados, ... contos e máis contos; contos dos que algunha vez escoitamos, contos da tradición oral, contos dos que limos ou nos leron. En definitiva, unha chea de contos.





E logo pasou pola nosa Biblio e asinou no libro de visitas, e adicounos algún dos seus libros que xa tiñamos entre os nosos andeis. 

Moitísimas grazas por compartir con nós a tarde, Paula. Xa estamos desexando que volvas! Menos mal que o xoves te temos de volta no cole para a sesión cos peques e rebuldeir@s.

O cole de Pazos e a Biblio Xoán Farias é a túa casa!

Ningún comentario: