xoves, 31 de marzo de 2022

Os peRRRecicladores

Hoxe tivemos unha visita especial no cole como peche da misión do #ODS13: Accións polo clima. Nada máis e nada menos que os peRRRecicladores: tres simpáticos cans que viñeron cargados de enerxía e que nos explicaron moi ben isto das 3R's: REDUCIMOS, RECICLAMOS e REUTILIZAMOS.

Estas tres simpáticas personaxes IDRO, PEL e TICO explicáronnos moi ben as cousas que van en cada un dos colectores de lixo, e puxéronnos en acción, clasificando os resíduos segundo o material do que están feitos para poder despois procesalo nas plantas de reciclaxe.


Pero ademais deste obradoiro de clasificación de resíduos, trouxéronnos un agasallo molón para cada quen: un folleto informativo e unha mochila cuns lápices de cores para decorala. De seguro que así non esqueceremos nada de todo o que nos contaron.
Pero queredes ver todo o que traballamos? Pois non vos perdades as fotos!












E a foto final!


Xa sabes: REDUCE, RECICLA e REUTILIZA.
#esPazODSparaaconcienciACCIÓN

Ningún comentario: