Ao longo do mes de marzo os peques do cole de Pazos estiveron acondicionando a horta como tarefa do ODS 13: ACCIÓNS POLO CLIMA, xa que cultivar os nosos propios alimentos pode axudar a disminuir as emisións de dióxido de carbono nas cidades, xa que é asimilado polos cultivos.
Pois mans á obra! Como veredes, empregamos o noso propio compost para fertilizar os bancais de forma ecolóxica e sostible. Que ben han medrar os amorodos, os chícharos e as leitugas que plantamos, hummmm... Aquí tedes aos peques en acción!
E tamén decidimos reducir o uso de papel na escola, xa que nos dimos conta de que gastamos demasiado. Ademais, co que xa non podemos reutilizar, decidimos que sería unha boa idea reciclalo. E xa temos as 3R's: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR.
Por aquí vos deixamos os vídeos dos obradoiros de papel reciclado que fixeron tanto peques como @s rebuldeir@s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario