E que os peques e os rebuldeir@s do cole tamén queríamos ter unha sesión con Paula Carballeira, e por iso voltou, e contou contos de alaaaaaaaaaaaaaaaaá, pero tamén de aquiiiiiiiiiiiiiiiiiií, contos de animais, contos da tradición oral e... contos de bruxas, como non! E que o medo, para deixarlle de ter medo hai que poñerlle nome. Porque só se lle ten medo ao que non se coñece e iso Paula sábeo moi ben e sempre está a falar de meigas, bruxas, pantasmas e mostros... porque en canto lles poñemos nome, os medos desaparecen.
Cómo gozamos cos seus contos, que marabilla poder escoitala. Verdade?
Que viva o Lectura e familias do cole de Pazos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario