venres, 27 de maio de 2022

Carta, carta!!!

Hoxe volveu soar ese Chis, chis, plof, plof! incondundible polos corredores e apareron de novo 4 maletas nas portas das aulas por arte de maxia. E viñan cargadas de libros, claro! pero tamén de XOGOS. Unha chea de xogos cos que gozar aprendendo. E que, como dicía María Montessori, xogar é a verdadeira ocupación do neno.


Todos os xogos pararán a formar parte do Recanto Argalleiro da nosa biblio que recentemente fomos transformando e poderemos usalos sempre que queiramos, ben sexa nas aulas como na propia biblioteca. Iso si, haberá que anotarse e facerse responsable do xogo que imos empregar, xa que queremos que poidan ser xogados moitas veces e teñen que durarnos moito.

Así, a nosa Biblio segue a dar pasiños para converterse nunha Biblioteca máis inclusiva, máis dinámica e máis creativa. Un verdadeiro laboratorio das aprendizaxes. 

E por aquí quedan as fotos da chegada das maletas ás aulas!!!






Ningún comentario: