xoves, 26 de maio de 2022

E así remata o Lectura e familias deste curso

Quixemos despedir o Lectura e familias deste curso cun obradoiro no que nos trasladamos ao espazo exterior do cole que xirou en torno a "outro tipo de lecturas" que lle deran pistas ás familias sobre as novas correntes pedagóxicas, moito máis centradas na curiosidade natural dos nenos, a experimentación, os materiais non estructurados e tamén  conectada coa natureza. 

Así, armamos diferentes propostas cun punto en común: a construcción.


Foi unha tarde xenial, gozada de principio a fin, na que grandes e pequenos puideron deixarse levar polas diversas sensacións que foron xurdindo... Deixámosvos algunhas fotos como proba.
























E agora tócalles a elas, ás verdadeiras protagonistas de tooooodo isto:
AS NOSAS FAMILIAS,
 que xa están argallando as historias coas que nos van agasallar. Estamos desexando saborealas. 

Que viva o Lectura e familias do cole de Pazos!
O ano que vén, repetimos seguro!!!

Ningún comentario: