«pensamos que o surfing pode introducir unha perspectiva de goce, de igualdade, de seguridade, de superación persoal, de inclusión… polo que cremos que este proxecto pode aportar un maior arraigo á cultura oceánica».
Ademais, os monitores de Valdo Surf School que xa estiveron con nós este luns no cole impartindo as actividades previas á xornada na praia foron xeniais: Brais, Alex, Luis e Adrián que tanto interese poñen para transmitir a través de estas xornadas todo o mar que levan dentro.
Aprendimos deles que podemos gozar do mar de forma respectuosa e sostible e a importancia de coidar o noso medio natural. Pero ademais puxemos en práctica as nosas habilidades grazas a este deporte.
De seguro que queredes vernos en acción na praia, verdade? Aquí vos deixamos un vídeo que gravou para nós Antonio, o padriño de Mario que pasaba por alí 😉
E este outro, que gravou o profe Pablo!
E unhas cantas fotos, que xa sabedes que premendo calquera delas accededes ao álbum completo.
Foi un día xenial que non imos poder olvidar!
Practica de deporte de forma respectuosa e sostible. Coida do medio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario