luns, 9 de maio de 2022

Lectura e familias con Charo Pita: "Abrazar coas palabras"

Unha nova sesión do Lectura e familias para peques e rebuldeir@s, desta volta con Charo Pita grazas a quen xogamos a "Abrazar coas palabras". Unha sesión contada, pero tamén cantada, na que puidemos aprender un montón de recursos para contar con proximidade, abrazándonos a través das historias, lidas, contadas ou cantadas.

Queredes ver como foi a sesión? Pois xa vos adiantamos que foi moi especial 💖.










E ao rematar, pasou pola nosa biblio a deixar a súa pegada no "libro de visitas", xa que nos nosos corazóns xa a deixou coas súas historias. Porque aprendeunos a abrazar coas palabras.






Ningún comentario: