Hoxe foi a quenda dos Rebuldeir@s neste obradoiro STEAM que deseñamos para o noso Lectura e familias. Unha forma lúdica de achegarlle a ciencia aos máis pequenos onde as familias puideron explorar un montón de posibilidades que nos ofrece o achegamento aos libros de non ficción, ou de consulta, neste caso libros de ciencias, a través dunha metodoloxía activa - IBSE - baseada na exploración e a indagación.
Así que mans á obra. Nesta sesión as familias puideron experimentar sobre oito principios científicos e indagar sobre os porqués deles. Todo un reto para resolver en familia!
Cánto aprendimos e que ben o pasamos! Cómo gozamos coa ciencia!
A través do achegamento lúdico á ciencia e á tecnoloxía estaremos fornecendo aos nosos fillos e fillas de mellores estratexias nas que entran en xogo habilidades de pensamento que nun futuro permitiranlle elaborar pensamentos máis complexos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario