mércores, 1 de xuño de 2022

Unha biblioteca máis creativa grazas a unha chea de novos recursos

Este curso a nosa Biblioteca deu un xiro e ese recunchiño STEAM que comezaba hai cinco cursos tímidamente e con certa incredulidade de moitos, pouco a pouco foise espallando, mudando as nosas dinámicas na Biblioteca para convertila nun verdadeiro laboratorio de aprendizaxe. Por iso, redistribuímos mobiliario, ampliamos e melloramos os recursos grazas ás dotacións de PLAMBE e Bibliotecas Creativas, transformando completamente a zona de non ficción, á que antes chamábamos "de consulta", pero que agora vai moito máis alá.

Incorporamos algún mobiliario que nos permite almacenar mellor e facilitar a accesibilidade dos recursos dispoñibles.

E estreamos unha sección de xogos de mesa cos que aprender un montón de habilidades, categorizados por grupos de idade e que aínda ten que seguir medrando!!!

E incorporamos materiais sensoriais para quen os precise, facendo a nosa biblio un pouco máis inclusiva.



Pero o mellor de todo é que todo o material que temos na biblio pódese usar en calquera lugar. Só hai que deixar rexistrado quen leva que. Así todos e todas poderemos empregar os recursos dos que dispón a biblioteca en calquera recuncho do cole. 

Por aquí podedes ver aos peques e aos rebuldeir@s testando os novos xogos na aula. Concentración máxima!!!

Ningún comentario: