mércores, 1 de xuño de 2022

Grazas aos 5 fantásticos!

Este curso por mor do protocolo COVID seguimos sen poder compartir a nosa Biblioteca misturando os grupos de convivencia estable polo que, outro ano máis, o Equipo de Colaboradores da Biblioteca segue tendo as súas funcións bastante limitadas, pois son eles e elas quen fan moito máis doado a adaptación e o acompañamento dos máis pequenos do cole neste gran espazo que é a nosa Biblioteca.


Aínda así, xogaron un papel moi importante en canto á etiquetaxe e a ordenación dos fondos, e por iso merecen un pequeno agasallo, non credes? 

Moitas grazas a Aitana, Alisson, Ari, Jaasiel e Mateo por eses recreos nos que, sen pedírvolo, vos arrimastes á mesa de catalogación para botar unha man. 
Moitas, moitas grazas!!!

Mateo non sae na foto porque hoxe estaba algo pachucho, pero o agasallo témoscho ben gardado.


E para que vexades que non mentimos, aquí deixamos as probas gráficas. 

Grazas rapazada! Levades convosco a semente do amor polos libros grazas á nosa Biblioteca. O ano que vén, cando esteades no instituto, tocarávos a vós espallala. 

Ningún comentario: