Trátase dunha serie de publicacións en banda deseñada que narran a traxectoria de científicas españolas establecidas en EEUU, e que pretende crear referentes para inspirar á nova xeración de mulleres en STEM.
Pero ademais, este ano MECUSA convoca un concurso para visibilizar os referentes femininos desde as escolas, co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
O concurso consiste na elaboración dun póster en formato físico ou dixital realizado íntegramente polas/os estudantes, no que a temática estea inspirada nunha ou en varias das bandas deseñadas publicadas na web de ECUSA. Podes ler as bases do concurso aquí.
Animádesvos a participar? Seguro que si!
Ningún comentario:
Publicar un comentario