E tanto que si! A semana pasada achegouse polo cole Xavier Picos, a quen xa coñecemos de vello porque é o terapeuta ocupacional que traballa cos rapaces de ASPANEPS e fai con eles eses obradoiros de sensibilización cara a discapacidade de "Ponte no meu lugar".
Pero desta volta non viña acompañado deles, senón que viña cargado cun forno e unha cociña solar. En primeiro lugar fixo unha demostración do funcionamento ao profesorado e animounos a experimentar co noso alumnado durante os próximos 15 días, xa que se prometían días soleados.
E dito e feito! Os primeiros en probar tanto a cociña como o forno foron os peques de infantil.
No forno asaron mazás. Estiveron ao redor dunha hora e corenta minutos e chegou a alcanzar unha temperatura de 180º. As mazás sairon moi ben asadiñas e demos boa conta delas. Hummm!
Na cociña solar, a antena dos extraterrestres que dicían os peques, fixemos pipocas nunha tixola e ata animámonos a facer unha tortilla... francesa, eh? Que máis dun preguntaba polas patacas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario