Volve o Lectura e Familias á Biblio Xoán Farias!!!
Queres vir pasar unha tarde xenial en torno á lectura xunto aos teus fillos e fillas? Desta volta será cun obradoiro sobre nutrición da man de Silvia Méndez Alonso, de V de Vegetal e con ela descubriremos cómo sacarlle todo o zume aos libros de receitas, cociñar xuntos e crear vínculos en torno á comida e os hábitos saudables de alimentación.
Neste obradoiro haberá dúas sesións:- Unha, ás 16:00h, máis orientada ás familias de infantil ata 2º de Primaria
- E outra, ás 17:30h, máis enfocada nas familias de 3º a 6º.
Sabemos que nas familias, os seus membros teñen diferentes idades e que cada familia ten os seus propios ritmos, mais precisamos organizarnos. Valorade vós mesmos que vos encaixa mellor: se vir cos peques, cos maiores... ou facer doblete.
Animádesvos?
Preme na imaxe e anótate a través do formulario, indicando a sesión a que ides vir e o número de asistentes.
Sodes benvidas, familias!
Ningún comentario:
Publicar un comentario