venres, 31 de marzo de 2023

Son de Pazos, a emisora do cole, ten moito que dicir sobre o ODS 7

Neste segundo trimestre, dentro do noso PDI  #esPazODSparaaconcienciACCIÓN que trata sobre a Axenda 2030, todo o alumnado elaborou aos seus propios programas de radio nos que falan, debaten, dan consellos e reflexionan sobre o coidado do noso planeta e do uso das enerxías renovables. É dicir, centrados no ODS 7: Enerxía asequible e non contaminante.

É imprescindible tomar conciencia de que planeta queremos deixar ás futuras xeracións. E que mellor forma que darlles a palabra para ver, que aínda que todo pinta moi negro, a nosa rapazada ten moito que dicir a través das ondas.

Os peques de 3 e 4 anos, recrean un conto de Pep Bruno chamado "Pétala", no que esta pomba rescata a casa da chuvia dun malvado dragón, facendo un paralelismo coa importancia de facer un uso responsable da auga do noso planeta.

Neste enlace, podedes escoitar esta fantástica adaptación. 

En canto ao peques de 5 anos, ofrécennos unha serie de consellos relacionados co ODS 7, que nos amosan como aforrar enerxía a través dunhas ideas que todos e todas podemos levar á práctica no noso día a día para axudar a manter un planeta máis sano. 

Preme no seguinte enlace para tomar nota destes consellos.

 

Na aula d@s Rebuldeir@s, o podcast xira en torno as tres R: recicla, reúsa e reutiliza, a través doutra ristra de consellos relacionados coa reciclaxe, o compost e o aforro de auga.

Aquí podes escoitar aos nosos Rebuldeir@s como colaborar por un mundo menos contaminante.

 

Chegamos á aula dos Tritóns de 4º. Nesta ocasión, ides desfrutar dun magazine onde entrevistan a personaxes como Estrela Lux, Hidra, Céfir, Kevin, Compostín e aos xemelgos Catión e Anión. Ademais, hai unha morea de aparellos que nos axudan a mellorar o noso medio ambiente. Atentos á publicidade.

Preme aquí para escoitar todas as entrevistas.

 

Para rematar, os Tritóns de 3º e a rapazada de Q.S.U. realizan unha adaptación do concurso "Pasapalabra" coa temática centrada nas enerxías renovables. Ademais, falan sobre o que aconteceu no noso Entroido. E ti, cantas palabras do rosco es capaz de responder?

Neste enlace poderedes xogar con Tritóns e Q.S.U.


#esPazODSparaaconcienciACCIÓN

Ningún comentario: