O Día Internacional do Pobo Xitano conmemórase o 8 de abril. Esta data recorda o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres, no ano 1971 no que se instituiu a bandeira e o himno xitano.
A bandeira é verde e azul, simbolizando o ceo e o campo, cunha roda de carro vermella no centro que simboliza o camiño desde a India e a liberdade. O himno xitano, Gelem, gelem (andiven, andiven) foi composto por Jarko Jovanovic e recorda aos xitanos e xitanas víctimas do nazismo.
Pola nosa parte, tivemos a sorte de contar coa presenza de Alba Salazar, muller xitana que grazas ao apoio da súa familia e o Secretariado Xitano rematou os seus estudos como auxiliar de farmacia, do que traballa na actualidade.
Falounos de como foi quen de rachar cos estereotipos e os prexuizos, tanto da sociedade en xeral como dos xitanos e amósase orgullosa dos cambios que nos últimos anos foron acontecendo en prol dun mundo máis xusto e igualitario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario