venres, 14 de abril de 2023

En Abril... libros mil.

Xa se sabe que en abril, libros mil... Así que hoxe pola mañá soou de novo ese chis, chis, plof, plof inconfundible para nós e na biblioteca, aparareceron como por arte de maxia as catro maletas de Chispa repletas dunha chea de libros novos e algunha que outra sorpresa máis. Aiiiii, Chispa! Canto te botábamos de menos. 
E por suposto había carta. Queredes lela? Aquí vola deixo. Estade atentos que conta moooitas cousas nela. Non vos perdades detalle.


E tamén había nova MISIÓN ODS. Xa vamos pola número 11, pero aínda estamos lonxe de chegar ao final desta historia da Axenda 2030. Desta volta é a quenda do ODS 11: CIDADES E COMUNIDADES SOSTIBLES.  Lede con atención porque temos un reto incríble neste último trimestre. 


E aquí están os vídeos dos que nos fala Chispa nesta nova misión:




Seremos quen de lograr o cambio na nosa comunidade? 
Pequenos xestos poden contribuír a lograr un mundo mellor.

#esPazODSparaaconcienciACCIÓN

Ningún comentario: