xoves, 13 de abril de 2023

Seguimos traballando na nosa hortiña de Rosalía

Hoxe voltou Pablo "Peibol" ao noso cole e, coma sempre, púxonos a traballar arreo. Como experto en permacultura, falamos sobre a asociación de cultivos e o aproveitamento dos espazos verdes como produtores de alimentos.

E así foi; Cos peques de 5 anos, acondicionamos o terreo e plantamos varios pés de figueira, para asegurarnos que algún deles prenda forte no noso patio. Por suposto, que non as plantamos soas, senon que para mellorar a terra plantámoslle xunto a eles patacas e chícharos. E aprendimos que se non temos chícharos nin patacas, esas plantas terán feito o seu traballo, aportándolles nutrintes ás nosas figueiras.

Preme nesta foto para acceder ao álbum completo.

Os peques de 3 e 4 decidíronse por facer un xardín de flores. Plantaron unha grande variedade de sementes de flores ao redor dunha das árbores da horta, xa que con Pablo aprendimos que a presenza de flores atrae a insectos polinizadores que son imprescindibles para os nosos cultivos. Un gran traballo para as mans máis pequenas da escola. Xa estamos desexando velas!!!



Os Rebuldeir@s pola súa parte seguiron traballando sobre a asociación de cultivos. Estanse convertindo nuns verdadeiros expertos en permacultura.

Os Tritóns de 3º e 4º de EP tamén están moi interesados na asociación de cultivos. Ademais, traballaron arreo acondicionando uns novos bancais pegados ao muro. Nos vindeiros días plantarán neles cultivos perennes, como alcachofas, espárrados, e máis.
Tamén estiveron acondicionando o bancal grande, facendo limpeza das malas herbas e botando unha cama de folla seca para mantelas a raia.





E para rematar, o grupo de 5º e 6º de EP adicouse á plantación de suculentas no maceteiro menos fondo, xa que son plantas moi resistentes e que precisan pouca terra para desenvolverse.




Que será o que faremos o vindeiro día con Pablo "Peibol"? 
A verdade é que este home é sempre unha caixa de sorpresas!

Ningún comentario: