venres, 21 de abril de 2023

Jesús e a profe Cris contan: Latcho Drom

Este venres Jesús, o noso rebuldeiro de 2º de EP, despediuse dos seus compañeiros temporalmente lendo, xunto á profe Cris, "Latcho Drom", un conto popular xitano escrito por Abraham Carreiro.


Preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo.

Nel cóntase a historia dunha familia xitana que ten que marchar da India nun carro tirado por un cabalo, en busca dun lugar onde poder vivir mellor. Ao longo da viaxe atravesan Asia, África e Europa, mentres a familia e os trastos van medrando cada vez máis e máis.

E, se non o escoitaches aínda, non imos contarvos máis. Teredes que pasarvos pola biblioteca para saber como remata a historia.



Os Rebuldeir@s aproveitaron para sacarse unha foto con el, á espera de compartir xuntos moitas aventuras máis.

Ata pronto!

Ningún comentario: