xoves, 20 de abril de 2023

Visita virtual ao CGAC

Esta semana tivemos tres sesións (3º, 4º e 5º e 6º de primaria) nas que realizamos a través de vídeo conferencia unha visita guiada polo CGAC, dentro do espazo "Sesións Didácticas en liña para Educación Primaria. Descubrindo a arte contemporánea".
Preme nesta imaxe para acceder ao álbum desta actividade.

Visitamos parte do espazo físico do museo e analizamos algunhas obras de arte contemporánea a través de imaxes, deténdonos na diversidade de soportes, materias, discursos, miradas e posibilidades expresivas e experimentais da arte actual. 

O obxectivo da actividade é achegar a arte aos centros coma o noso e estimular o interese das novas xeracións na creación artística do seu tempo.

Ao rematar cada unha das sesións, animáronos a continuar este "obradoiro" facendo unha creación propia e traballando algunha das técnicas observadas, utilizando, por exemplo elementos da natureza cos que poidamos facer algunha composición artística.

Agardamos ver marabillosos resultados!!

Ningún comentario: