martes, 18 de abril de 2023

Stop Accidentes

O pasado martes 18 recibimos, un ano máis, á xente da ONG Stop Accidentes que nos prepararon tres obradoiros para o noso alumnado de Educación Primaria, en liña co noso traballo comprometido cos ODS da Axenda 2030. En particular, afondamos un chisco máis na mobilidade sostible e tamén en consellos de seguridade viaria moi útiles para a nosa vida cotiá.

Preme nesta imaxe para acceder ao álbum.

No grupo dos Rebuldeir@s de 1º e 2º de Primaria escoitaron polo miúdo nocións básicas de seguridade dos usuarios e usuarias, pasaxeiros de autobuses e/ou utilitarios.


Por outra banda, os tritóns de 3º e 4º, recibiron información sobre o emprego seguro da bicicleta en diferentes contornas, así coma os seus beneficios tanto a niveis físicos, coma globais, ao tratarse dun elemento de mobilidade sostible.

Por último, os e as maiores de 5º e 6º, QSU, gozaron dun obradoiro centrado nos ODS e a mobilidade, polo que xa se están a converter nuns expertos neste eido, así que non dubidedes en preguntarlles calquera dúbida sobre as accións para unha seguridade viaria de calidade.

Mariña, moitas grazas pola visita e agardamos que nos vexamos de novo moi cedo... se cadra nalgunha saída ciclo turista!

Ningún comentario: