Nesta sorte de tarde, soleada e calurosa, á sombra do magnolio e o do ficus arbóreo, que está ao carón do bidueiro no noso patio... puidemos gozar co espectáculo "Raio, the loubican" grazas a Ton Arenas de Mircromina Teatro co que xa compartíramos na mañá uns fabulosos obradoiros de creación de monicreques.
De primeiras apareceu Antolín, o bailarín, quen nos deleitou co seu baile ao ritmo de muiñeira, para darlle paso ao veciño e o can Linkecho, a quen capturou gañándose ao público, para rematar coa aparición de Raio, fillo dunha loba e o can Linkecho fuxido e que... bon... xa sabedes que é o que lle pasa cando lle rascas o papo...
Velaiquí algunhas fotos desta marabillosa tarde de primavera:
E antes de marchar, Ton deixounos unhas fermosas liñas no libro de visitas. Volve cando queiras, tes unha casa en Pazos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario