martes, 11 de abril de 2023

Un Lectura e Familias para familias "argalleiras"

Aproveitando que tivemos a Paola Guimeráns pola maña no cole, impartindo varios obradoiros co alumnado de 3º a 6º de Primaria, grazas ao programa de Bibliotecas Creativas, e pola tarde íamos continuar a formación co profesorado, decidimos abrir esta sesión formativa ás familias, para achegarlles tamén a elas ferramentas para traballar o pensamento computacional cos seus fillos e fillas.


Preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo da sesión con Paola.


Con ela aprendimos un montón sobre scratch e puidemos explorar diversas utilidades da placa makey-makey. Creamos o noso cómic interactivo, fixemos os noso propios vídeoxogos e aprendimos a modificar programacións de scratch xa feitas.
E mentras tanto, o profesorado puido explorar outras posibilidades educativas desta ferramenta para impletala despois nas súas clases.






Como gozamos cos lectura e familias argalleiros!

Ningún comentario: