Que sorte a nosa ter un avó na escola como Antón Cortizas, mestre das palabras e das palavras, que nos achegou á poesía a través da lusofonía envolvéndoas con enredos de papel.
Leu, limos... e a liamos. Aprendeunos unha chea de enredos feitos con papel cos que puxemos a proba as nosas habilidades de precisión. E foi pasando a tarde, aprendendo novas palabras a través da poesía e os brinquedos, nunha sorte de reivindicación da nosa lingua.
E para rematar, unha foto de grupo e unhas doces palabras dun amigo.
Grazas por compartir esta tarde con nós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario