E hoxe, 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente tivemos a última xornada de traballo con Pablo "Peibol" deste curso na nosa horta.
A súa visión de horta abriunos a outra forma de entender os cultivos e o traballo da terra, e estamos encantados. Comprender que unhas sementes precisan das outras e que para ter un terreo produtivo é necesario acondicionalo, fixo que nos fóramos replantexando as tarefas da horta dun xeito máis consciente e sostible.
Preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo.
|
|
ç
Grazas Pablo "Peibol", por ser, estar e por compartir tanto con nós!
Despedímonos, pero só ata o curso que vén!
Ningún comentario:
Publicar un comentario