Hoxe tivemos a grandísima sorte de ter coma convidada a Uxía, que veu a tocar a súa zanfona connosco.
Preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo deste día.
Falounos do seu instrumento, das súas partes e como é o funcionamento das teclas e as cordas, os bordóns, ... Falounos dos "cantares de cego" da época mediaval e das figuras do cego e o lazarillo.
E por suposto, tocou e cantou!!!
Cada equipo inventou o seu propio "cantar de cego", que despois cantaríamos acompañados da zanfona.
Foi unha mañá xenial, grazas a Uxía e Irati.
Ningún comentario:
Publicar un comentario