Un premio para o noso Equipo Biblio!!!
Preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo.
Xa sabedes que este curso o noso Equipo Biblio foi premiado polo seu compromiso co Voluntariado de Lectura ao longo do curso.
Mais non só polo seu esforzo, xa que tamén se tivo en conta para a concesión deste premio a actividade das familias colaboradoras - Manel Dopico, Óscar Fojo, Antón Cortizas, Irati Urizarbarrena, e moitas outras a través da ANPA - e a colaboración da Biblioteca co Departamento de Orientación para a escola de familias e as actividades inclusivas sobre o autismo e etnia xitana.
E grazas a este premio, puidemos traer a Pablo Otero, quen realizou uns divertidos obradoiros en torno á palabra escrita, debuxada, inventada, recreada... e a oralidade, sen esquecernos da vertente plástica e visual!
E claro, como a nosa Biblio quere seguir sumando colaboradores, convidamos a estes obradoiros ao alumnado de 4º, xa que o vindeiro curso formarán parte do novo "equipo biblio".
Inventamos máquinas tolas: especiais, imposibles, absurdas, que valen para todo ou non valen para nada... - pero tamén inventamos palabras para acompañalas. Foi divertidísimo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario