mércores, 7 de xuño de 2023

O castelo de Chispa: un xogo de pistas

Pois estes días anda o cole un pouco revolucionado, xa que o profe Pablo escoitou na biblio ese chis, chis, plof, plof tan característico da nosa meiga amiga Chispa, pero nin rastro de maletas... Que raro!

O que si que apareceu foi unha carta, que vos deixamos aquí para que vós tamén a leades, xa que este achado deu lugar a unha busca moi activa por todo o cole. Menuda revolución! Pero, queredes saber toda a historia? Pois lede con atención.

Preme nesta foto para acceder ao álbum completo.






E a moeda misteriosa? Atoparían a chave para abrir o cofre? 
Iso teredes que preguntarllo á rapazada, pois a existencia desa moeda é un segredo.


Ningún comentario: