mércores, 7 de xuño de 2023

Radio Filispim en directo desde a nosa escola

Hoxe, a xente de Radio Filispim achegouse ata a nosa biblioteca para gravar un programa especial sobre a nosa escola. Emitirase o vindeiro sábado ás 19:00h no 93.9 FM, pero en canto poidamos, deixarémosvos por aquí o podcast, ademais de incluilo en "Son de Pazos".

E aquí o tedes!


Abriu a rolda de entrevistas Rosana Rodiles Lamas, a nosa directora. 


Despois entrevistaron a Noelia Rodríguez Izquierdo, como presidenta da ANPA, quen animou ás familias a participar máis no tecido asociativo da ANPA.


Logo foi a quenda de Lucía Gómez Bouza, coordinadora de educación infantil que falou da maxia que envolve esta etapa esencial e do respecto á individualidade de cada neno e nena.


Logo entrevistaron a Pablo Imbernón Fuentes, pai dun alumno do centro con autismo, que reivindicou que desde as administracións públicas traballen por unha inclusión real dos nenos e nenas con diversidade funcional que permita a conciliación das familias.

 
Claudia González Morales e Cristina Alonso Chamosa, mestras especialistas en Pedagoxía Terapéutica, faláronnos da necesidade dos centros de contar con recursos humanos para poder atender á diversidade do alumnado de forma eficaz.


Rosa Grille Riazuelo, como coordinadora PLAMBE falou sobre o proceso de transformación da biblioteca nos últimos cursos e dos programas da Asesoría de Bibliotecas Escolares nos que participan.


Pablo López Cabrera, mestre de Educación Física falou sobre as iniciativas de patios inclusivos, patios activos e de medioambiente.


E pecharon o programa Manu Dopico Pérez acompañado do profe Fran Pérez Díaz, falando sobre os proxectos desenvoltos ao longo deste curso en torno aos ODS e a Axenda 2030, promovidos pola Biblioteca do noso centro.

Foi un pracer tervos aquí. Grazas por contar con nós para falar da ilusión que poñemos día a día en todo o que facemos.

Ningún comentario: