luns, 26 de febreiro de 2024

Arrinca o Lectura e Familias con Ánxela Loureiro


Que sorte a nosa poder contar con Ánxela Loureiro para comezar co Lectura e familias deste curso! Ánxela, quen conserva a súa alma de mestra intacta, é unha escritora ferrolá de literatura infantil e xuvenil moi querida por toda a nosa comunidade, xa que é moi próxima a nós por múltiples camiños.

E esta tarde compartimos con ela xogos e cancións tradicionais coas que grandes e pequenas gozamos brincando como se fixo sempre, sen máis nada que as ganas de pasalo ben. E como podedes ver, a nosa biblioteca estaba ateigada de familias dispostas a compartir risas e cantigas.










E se premes nesta última foto, podes acceder ao álbum completo coas fotos de esta tarde.

Grazas Ánxela, por vir e estar. 
Que viva o Lectura e familias no cole de Pazos!

Ningún comentario: