martes, 27 de febreiro de 2024

Ler con... D: Roi conta Contín Contón

 
Preme nesta foto para acceder ao álbum.

Hoxe foi a quenda de Roi, quen moi ben escolleu o conto de Antón Cortizas "Contín Contón", publicado pola editorial Embora, xa que ten unha musicalidade que o fai hipnótico.



Nel se narra a historia dun animal que non sabe quen é. Vai preguntando polo bosque a outros animais, e aínda que todos poderían contestarlle e sacalo de dúbidas non o fan, porque se o fixeran remataría o conto. O animal, andando andando, chega a unha escola, e será unha nena a que desvele a súa natureza.

Como goza dos contos esta rapazada e grazas Roi pola contada!

Ningún comentario: