mércores, 28 de febreiro de 2024

Ler con D: Erik conta Corre, corre, cabaciña

Preme nesta foto para ver todas as fotos.

Hoxe Erik contounos Corre, corre, cabaciña, un conto de Eva María Mejuto publicado por OQO que xa podemos dicir que é todo un clásico da literatura infantil. Quen a estas alturas non o coñece? 

Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.

Erik tivo unha axudante moi especial, xa que Daniela non quixo perder a oportunidade de acompañar ao seu irmán mentres contaba esta historia.



Cun ritmo áxil e co «lenga lenga» —case un trabalinguas—, aínda vivo nas versións portuguesas que circulan ata o de agora, este conto multiplica as posibilidades expresivas da narración e da representación teatral. E par que poidades gozar tanto coma nós, aquí vos deixamos este vídeo cunha versión musical deste contiño.


Grazas Erik pola contada! Xa estamos agardando pola próxima!

Ningún comentario: