xoves, 29 de febreiro de 2024

Ler con... D: Uxía conta Croco

 
Preme nesta foto se queres ver máis.

Hoxe Uxía compartiu con nós Croco, un conto escrito por Roberto Aliaga e docemente ilustrado por Minako Chiba publicado por OQO, no que se nos conta a historia dun crocodilo moi responsable... ou non tanto? 

Unha historia que fala do ciclo da vida, o crecemento e o nacemento dun irmán, os ciumes e o que supón enfrontarse a novas esixencias. O nacemento dun irmán é algo fermoso que supón máis vantaxes que inconvintes. Por iso, os temores do pequeno quedan totalmente diluídos cando entende que non precisa rivalizar polo afecto. Unha historia sinxela, narrada con musicalidade e recreada con ilustracións tenras e coloristas que permiten que nos acheguemos aos sentimentos e emocións do protagonista.




Grazas Uxía pola contada!

Ningún comentario: