luns, 4 de marzo de 2024

Unha sesión de radio para familias

Hoxe pola tarde acompañounos Isidoro Valerio, locutor en Radio Voz, nunha sesión de radio escolar aberta ás familias. Foi unha tarde moi aproveitada con eses dous grupos e parece que deu paso a abrir algún camiño entre as familias cara ao vindeiro curso.


A experiencia e profesionalidade de Isidoro Valerio fixo que aproveitásemos, profes e familias, ao máximo a actividade tendo un primeiro contacto coa radio e coñecendo os rudimentos da aplicación, da mesa de mezclas...,  pero tamén deu tempo a facer unha práctica que podedes escoitar aquí mesmo. Tarde marabillosa.

Grazas ás familias que poidestes achegarvos e a Isidoro Valerio por facelo tan doado e acompañarnos coa súa experiencia.

Nesta imaxe de grupo tedes o acceso ao álbum completo coas fotos desta tarde.

Ata a próxima!

Ningún comentario: