Hoxe, despois de recibir ao Goya de Chelo Loureiro, oa maiores de 5º e 6º realizaron unha andaina por Serantes para visitar e coñecer de primeira man os espazos que aparecen nos proxectos nos que traballou o grupo ou nos que está a traballar.
Logo continuamos ata o cemiterio parroquial de Serantes (xa desvelaremos máis adiante o motivo desta visita) onde visitamos as foxas comúns dos fusilados durante a Guerra Civil, achegámonos unha das capelas máis antigas da cidade, que se atopa neste mesmo cemiterio e que data do século XVI, a Capela de Serantes e, por último, a sepultura do ilustre escritor ferrolán nado e soterrado en Serantes, Gonzalo Torrente Ballester.
Regresamos ao cole pasando polo Centro de Saúde, antiga ubicación do Concello de Serantes, antes de que pasase a formar parte do Concello de Ferrol, cun momento de reflexión diante da placa en lembranza ao último alcalde republicano, D. Alejandro Porto Leis e outros tres veciños fusilados en febreiro de 1938.
Por último, parada técnica no campo de Aneiros e con folgos renovados, de novo camiño ata chegar ao cole.
E de momento, só podemos contar ata aquí...
Ningún comentario:
Publicar un comentario