Preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo.
Goya non veu só, senon que veu coa súa dona. Hoxe pola mañá tivemos o privilexio de que Chelo Loureiro visitase a nosa Biblioteca e compartise con nós o seu cuarto premio Goya á mellor curtametraxe de animación pola película "To bird or not to bird", na que a través das traxicómicas vivencias dos paxaros proxecta a súa mirada crítica sobre o mundo actual.
Se aínda non o viches, aquí tes o "trailer" do filme.
Agradecemos a súa xenerosidade e o tempo que pasou con nós contándonos moitos detalles do traballo que conleva facer unha película de animación.
Desbordou paciencia contestando preguntas, asinando autógrafos, facendo fotos...
Moitas grazas, Chelo e moita sorte co novo proxecto, que tivemos a sorte de ver en primicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario