Esta mañá participamos no Encontro de Compañías LÓVA de Galicia. Compartimos esta experiencia con vinte compañías máis! Arredor de 400 alumnos, con 21 postos para presentar os seus proxectos e obradoiros relacionados coas profesións de LÓVA: dramatización, vestiario, perruquería, escenografía, iluminación, son, Polos Creativos, imaxe... ademais de retos e dinámicas LÓVA.
A Compañía LoVeznos esta ultimando os seus preparativos para a estrea da obra, pero xa vos informaremos máis adiante. De momento trouxemos para a casa a idea reforzada de que o Proxecto LÓVA e unha grande oportunidade de aprendizaxe socio-emocional, multidisciplinar, unha experiencia motivadora que favorece a reflexión, a comunicación, a escoita activa, a participación, o respecto, a creatividade, a resolución de problemas, a autoxestión...
Ningún comentario:
Publicar un comentario