Entre onte e hoxe concluíron as actividades extraescolares municipais que o Concello de Ferrol promove nos seus centros públicos, coa intención de darlles acceso a todas as nenas e nenos a, cando menos, unha actividade extraescolar de carácter gratuíto, fora do horario escolar.
En centros coma o noso, son imprescindíbles, pois facilitan en gran medida a conciliación familiar e achegan a oferta cultural e de ocio educativo á poboación do rural do noso Concello.
Ximnasia rítmica
Debuxo
Patinaxe
Xogando coa ciencia
Premendo en calquera das fotografías, accedes ao álbum completo.
E ata aquí chegaron as actividades neste curso.
O ano que vén, máis!
Ningún comentario:
Publicar un comentario