Hoxe tivemos reunión do Club de Lectura para falar de "Los escribidores de cartas", escrito por Beatriz Osés e que foi gañador do Premio Barco de Vapor no ano 2019.
E, si, si... escoitaches ben. Dixen escribidores. Di a R.A.E. que un escribidor é un "mal escritor"... ou tamén un "escritor prolífico". Calquera destas dúas acepcións encaixan perfectamente cos nosos protagonistas, non credes?
É un libro que se devora a toda velocidade, xa que nos deixa coas ganas de profundizar na historia e nos seus persoanxes, xa que son moitas as historias que nos brindan cada un dos habitantes do pobo de Noaberri.
Ademais, os nenos teñen unha estupenda relación cos maiores e os maiores con eles. O salto xeneracional diminúese porque teñen como punto en común as cartas, e os sentimentos que son quen de plasmar nelas.
Esta aventura está chea de tenrura e solidariedade e ainda que poñamos en dúbida se os enganos que levan a cabo os nosos protagonistas son correctos ou non. Este libro premítenos establecer un debate sobre se o fin xustifica os medios en torno aos problemas de cada unha das personaxes que aparecen na historia, que nos farán reflexionar, sen moralina.
E claro, esta reunión non podía rematar doutra forma que escribindo cartas.
As cartas escritas de puño e letra xa é algo que rara vez se ve. Unha rara avis ao borde da extinción nesta era cada vez máis dixitalizada. Mais a autora, non demoniza os novos tempos, senon que pon de manifesto como a profesión de carteiro - como tantas outras - foi mudando co pasar do tempo.
No libro podemos ver fragmentos das cartas que escriben os nenos e tamén os whatsapps que intecambian entre eles. Unha combinación interesante que nos recorda que escribir e comunicarse sempre será o mesmo, ainda que xa non o fagamos con papel e boli.
A quen irán dirixidas estas cartas? Seredes unha das afortunadas en recibilas? Non tedes curiosidade?
Proximamente, na casa de...
Ningún comentario:
Publicar un comentario