A Fundación Galicia Europa invitounos, como a moitos escolares, a participar nun concurso onde se debía presentar unha ilustración dalgunha lenda europea, axudando así a coñecer dunha forma lúdica outras realidades do espazo no que conviven con outros 500 millóns de persoas. Estes son algúns dos traballos que presentamos; ilustracións como a da lenda de Bulgaria "Samodivi, as fadas dos bosques"; a de Diamarca, "A sereíña"; a de Finlandia, "Papá Noel"; a de Grecia, "O rapto de Europa; a de Italia, "R´´omulo e Remo"; a de Letonia, "A rosa de Turaida" ou da da nosa propia Galicia que está representada pola lenda "Breogán e Ith" Segundo a lenda, Breogán foi un rei celta, fundador da cidade de Brigantia (A Coruña). Nesta cidade construíu unha grande torre, que logo foi transformada polos romanos nun faro (a Torre de Hércules), e dise que dende esta torre unha mañá clara contemplou ao lonxe as costas da afastada Eire (Irlanda). Dende a "Terra da Morte" (Galicia), Breogán enviou ao seu fillo Ith nunha épica odisea ás costas de Irlanda, onde fundou a cidade de Cork, creando un eterno vínculo entre os dous pobos e as culturas de ámbalas dúas terras. |
LA VERDADERA HISTORIA DE LA NAVIDAD
-
La historia de la verdadera navidad, una ficha interactiva de gorogui
live*worksheets.com*
Hai 4 anos
4 comentarios:
HAI QUE VER QUE BEN DEBUXAN OS RAPACES E RAPAZAS DE PAZOS. IMPRESIONANTE! FELICITACIÓNS!
la biblioteca esta chachi.
me gusta el colegio si.
podeis traer libros de eragon
Publicar un comentario