martes, 13 de novembro de 2007

Teatro no Jofre: "Cigarra y hormiga"



Hoxe, ás 12 da mañá, todos os cursos de Primaria asistimos no teatro Jofre a unha obra: "Cigarra y hormiga" da compañía vasca Markeliñe Teatro, inspirada na fábula "La cigarra y la hormiga" de La Fontaine.
O teatro Jofre encheuse de nenos e nenas de moitos colexios de Ferrol, co que puidemos contemplar dous espectáculos ao tempo: por unha banda, a marabillosa posta en escea por parte dos tres actores, que non pararon nin un momento; e pola outra, centos de nenos e nenas gozando, rindo e aplaudindo cada pouco nun marco inmellorable.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

A nós gustounos moito .Paula e Alba.
Un bico para os actores.

Anónimo dixo...

A nós gustounos a obra da cigarra
e a formiga . Moitos bicos Pablo
Alberto.