mércores, 19 de decembro de 2007

KALANDRAKA KONTACONTOS




Este luns Ana e Pablo viñeron á nosa Biblioteca a contarnos moitos contos dos que Chispa trouxo na súa maleta para o cole.
Ana contaba e Pablo tamén; Ana contaba con palabras e Pablo contaba con música.

Puidemos escoitar "Nadarín", "Crocodilo", "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" e "¡Oh!", acompañados do clarinete, a pandeireta, a frauta e a chifla de León. Así dá gusto escoitar contos.

Desde aquí enviamos moitas felicidades a Ana e a Pablo por facernos pasar un rato tan bo.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Gustoume moito o conto de Nadarín. Bicos a Chispa