luns, 21 de xaneiro de 2008

NA HORA DO RECREO...



Non hai nin dúas semanas que abrimos de novo as portas da BIBLIOTECA. É unha apertura tímida porque aínda quedan tantas cousas por facer: tantos libros por ordenar e por catalogar, por etiquetar; as conexións de Internet; fixar a pantalla... Pero non podiamos aguantar máis e decidimos que xa era hora de estreala. Estamos a facer unha aposta grande por darlle protagonismo no noso facer diario e, para darlle vida necesitabamos o máis importante: necesitbamos aos lectores e lectoras; e aquí tedes algunhas fotos do xoves pasado.


2 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Pois si que tedes unha biblioteca preciosa, tan chea de nenos e nenas lendo... Que máis se pode pedir?
Parabéns!!
Unha aperta dende Fene

bibliotecadocole dixo...

¡Eses sofás teñen un aspecto estupendo!¡que ganas dan de sentarse a ler!Está quedando moi ben a biblioteca de Chispas.
Biquiños dende Moaña