Despois dunhas semanas de traballo adicadas á Paz, comezou de forma vertixinosa a preparación do Entroido.
O MECO da foto leva catro días dando ordes por todas partes e paséase polas aulas controlando que todo o mundo cumpra cos seus mandados; o Meco di que hai que traer un lazo branco (por iso da Paz), que se hai que levar a cabeza cuberta, que se un calcetín colgando... Mañá todo o colexio disfrazarase e traballará na confeción de caroutas e complementos, e comerá e..., no desfile das máscaras cantará a copla:
E víndeo ver!
E víndeo ver!
ó vello Entroido
que está teso
e doído
ó pé do Carballo
sentado nun tallo
sen ter que facer.
E víndeo ver!
E víndeo ver!
que xa está
para morrer.
Ó rin chin chin
ó rabo de min,
vén o Antroido
co seu tilín.
Ó rin chin chin
ó ron ton ton,
vén o Antroido
co seu folión.
8 comentarios:
hola si pasamolo moy ben onte
a pena foi no poder quiemar o mecopor culpa da chuvia pero bueno
de todas formas pasamolo moy ben
luca dopico diaz
perdon lucia dopico diaz non luca
jeje
Á volta leremos o testamento do Meco e queimarémolo. Non o dubides. Bicos Lucía e grazas polos teus comentarios. Eu paseino moi ben, tamén. Estade atentos, que pronto se publicarán as fotos dos disfraces.
repartir el meco por las clases fue muy divertido hechar harina a los nenos que no trajeron las cosas que pedia, bueno todos los anos es muy diver
THE BEST BIBLIO PAZOS
SI Q PENA NON PUIDERAMOS QUEIMALO
PERDON
QUE PENA QUE NON P PUIDERAMOS QUEIMAR
PERDON TEÑO UN MAL DIA
QUE PENA QUE NON O PUIDERANOS QUEIMAR
jeje
xere vaia dia
pero nos pasa a todos
lucia dopico diaz
Publicar un comentario